10:00 O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, José Antonio Viña; e o arquitecto municipal manteñen unha entrevista co Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, nas dependencias de San Lázaro en Santiago de Compostela. A cita, a partires das 10.00 horas, é para falar da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e do Plan de Ordenación do Litoral.

18:00 A sala da baixocuberta (3º andar) do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o 28 de febreiro a exposición da IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, unha selección das obras presentadas a este certame que ten como obxectivo estimular e impulsar a creación artística, ao tempo que fai posible o intercambio cultural e a descuberta de artistas galegos e portugueses. A exposición consta de 30 pinturas, entre as que se atopan as catro premiadas: "Camiño", de Montserrat Frieiro Dantas; "20 cabeças", de Miguel Vasconcelos; "Chevy. Momento de reflexión", de Joseba Muruzábal Pérez; e "Manadas paseando nun centro comercial", de Raquel Iglesias Gándara, ademais das catro mencións especiais do xurado. Os interesados e interesadas poden visitala en horario de 18.00 a 21.00 horas. Máis información, aquí.
© Concello de Carballo, 2009