
13:00 Un total de sete locais hostaleiros do centro carballés participan na II Ruta do Pincho de Inverno: Cafetería El Juzgado, Café-Vinoteca Ánfora, Restaurante Bergantiños, Restaurante O'Xabarín, Cafetería Habanos 79, Mesón Os Mareantes e Kasa Klandestino. A ruta ten lugar os sábados e domingos, entre os días 29 de xaneiro e 6 de marzo, en horario de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.00 horas, aproximadamente. Cada local ofrece cada día de xeito gratuíto coas consumicións durante ese horario un pincho de elaboración propia con receitas temáticas e creativas e cunha presentación coidada. Máis información, aquí.

18:00 A sala da baixocuberta (3º andar) do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o 28 de febreiro a exposición da IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, unha selección das obras presentadas a este certame que ten como obxectivo estimular e impulsar a creación artística, ao tempo que fai posible o intercambio cultural e a descuberta de artistas galegos e portugueses. A exposición consta de 30 pinturas, entre as que se atopan as catro premiadas: "Camiño", de Montserrat Frieiro Dantas; "20 cabeças", de Miguel Vasconcelos; "Chevy. Momento de reflexión", de Joseba Muruzábal Pérez; e "Manadas paseando nun centro comercial", de Raquel Iglesias Gándara, ademais das catro mencións especiais do xurado. Os interesados e interesadas poden visitala en horario de 18.00 a 21.00 horas. Máis información, aquí.
© Concello de Carballo, 2009