12:00 O Pazo da Cultura acolle a partires das 12.00 horas a presentación do cartel e das actividades que se desenvolverán na Feira das Oportunidades 2011, organizada polo Centro Comercial Aberto Carballo e que terá lugar na fin de semana do 12 e 13 de marzo. Está prevista a presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín; e da Xerente do CCA, María del Carmen Freire.
12:30 O Pazo da Cultura acolle a partires das 12.30 horas a presentación do espectáculo "Pelos na lingua" da compañía Talía Teatro, que se estrea o venres 25 de febreiro dentro da programación dos Venres Culturais 2011. A esta presentación asistirán o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a Concelleira de Cultura Belén Lendoiro; o director do espectáculo, Avelino González; e os actores, Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez.

18:00 A sala da baixocuberta (3º andar) do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o 28 de febreiro a exposición da IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, unha selección das obras presentadas a este certame que ten como obxectivo estimular e impulsar a creación artística, ao tempo que fai posible o intercambio cultural e a descuberta de artistas galegos e portugueses. A exposición consta de 30 pinturas, entre as que se atopan as catro premiadas: "Camiño", de Montserrat Frieiro Dantas; "20 cabeças", de Miguel Vasconcelos; "Chevy. Momento de reflexión", de Joseba Muruzábal Pérez; e "Manadas paseando nun centro comercial", de Raquel Iglesias Gándara, ademais das catro mencións especiais do xurado. Os interesados e interesadas poden visitala en horario de 18.00 a 21.00 horas. Máis información, aquí.

21:00 O auditorio do Pazo da Cultura acolle o concerto do grupo carballés Franc3s que presenta o seu primeiro disco de longa duración, "Aislamiento". Unha gravación con sons sorprendentes, importantes colaboracións de grupos como Los Planetas, Triángulo de Amor Bizarro, Schwarz e Klaus&Kinski e avalada polas boas críticas coas que os medios especializados deleitan os oídos destes tres galegos. A cita é ás 21.00 horas e o prezo da entrada é de 3 euros, e de 2 euros o prezo reducido. Mais información, aquí.
© Concello de Carballo, 2009