11:00 O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández Fernández de Rojas, visita a depuradora carballesa de Redordelos, nun acto no que será recibido polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, José Antonio Viña; e outros concelleiros e membros da corporación. A cita é a partires das 11.00 horas.

18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura acolle até o domingo 23 de xaneiro a exposición "Irmáns Mayo. A Guerra Civil española", organizada pola Deputación provincial coa colaboración do Concello de Carballo e do Ministerio de Cultura. Trátase de preto de cen fotografías, das que en Carballo pode observarse unha escolma de 50, captadas durante a Guerra Civil (1936-1939) e coas súas cámaras Leika, polos cinco representante do colectivo Irmáns Mayo, que durante máis de sete décadas permaneceron dos arquivos da Biblioteca Nacional e que saen agora á luz por vez primeira. A mostra pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden premer aquí.

21:00 O programa dos Venres Culturais 2011 principia no auditorio do Pazo da Cultura cunha proposta teatral da compañía Obras Públicas, que representa "Life is a paripé": 75 minutos de humor divididos entre once escenas con música, teatro, cachondeo e "paripé". O prezo da entrada é de 3,5 €, de 2,5 con desconto e a cita é no auditorio a partires das 21.00 horas. Máis información sobre o espectáculo, aquí.
© Concello de Carballo, 2009