Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 17 de xaneiro 2011

Axenda do Concello

Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local

13:30 Representantes da corporación carballesa celebran unha nova sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que ten lugar na Casa do Concello a partires das 13.30 horas. Entre os asuntos da orde do día destaca a aprobación das bases para acadar as Subvencións das Cabalgatas de Reis 2011.

Axenda Vive

O Pazo da Cultura acolle até o 23 de xaneiro a mostra "Irmáns Mayo. A Guerra Civil española"

Exposición Irmáns Mayo

18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura acolle até o domingo 23 de xaneiro a exposición "Irmáns Mayo. A Guerra Civil española", organizada pola Deputación provincial coa colaboración do Concello de Carballo e do Ministerio de Cultura. Trátase de preto de cen fotografías, das que en Carballo pode observarse unha escolma de 50, captadas durante a Guerra Civil (1936-1939) e coas súas cámaras Leika, polos cinco representante do colectivo Irmáns Mayo, que durante máis de sete décadas permaneceron dos arquivos da Biblioteca Nacional e que saen agora á luz por vez primeira. A mostra pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden premer aquí.

Buscador:


<< 2011 >>
<< xaneiro >>
L M M X V S D
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

© Concello de Carballo, 2009