12:00 O salón de plenos do Concello de Carballo acolle a entrega de diplomas do curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais incluído na Rede Xiana. A cita é a partires das 12.00 horas e está prevista a presenza da Concelleira de Formación e Emprego, María Manso; e do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Para obter máis iformación, premer aquí.
17:30 O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asiste no Viveiro de Empresas do polígono de Bértoa á presentación dos traballos desenvolvidos ao longo 2009 polo Observatorio Socioeconómico da Antena da Cámara de Comercio na vila. Os estudos presentados céntranse en 'O impacto da crise no sector comercio'; e nun 'Estudo de necesidades formativas. Mapa de recursos formativos'. A cita é a partires das 17.30 horas.
19:30 O CEIP Bergantiños da capital municipal acolle a partires das 19.30 horas a celebración dunha nova xuntanza do Consello Escolar Municipal. Está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; da Concelleira de Educación, Mar Eirís; e de representantes do profesorado, alumnado, de nais e pais, etc. Na orde do día figuran asuntos como os posibles problemas de escolarización para o curso 2010-2011 ou informar sobre as futuras actuacións de mellora que se desenvolverán este ano nalgúns dos centros educativos do municipio.
© Concello de Carballo, 2009