Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 22 de marzo 2010

Axenda Asociacions

O Alcalde de Carballo e a Concelleira de Benestar visitan as instalacións de Aspaber

12:00 O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e a Concelleira de Benestar, Dores Silveira visitan, xunto do Deputado Provincial Xan Sande Muñiz as instalacións da Asociación Comarcal de Pais de Diminuídos Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), situadas na Brea. Entre outros asuntos, abordarán a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que está en marcha para permitir a creación no recinto de Aspaber dunha nova residencia e centro de día.

Axenda Vive

A exposición 'Incursión ao sutil': até o 4 de abril no andar -1 do Pazo da Cultura

Exposición Chiña

18:00 A artista carballesa María José Costa Valiña, 'Chiña', emprende a a súa primeira exposición, composta por 24 obras, e titulada 'Incursión ao sutil'. Trátase duna escolma que, segundo a propia artista, amosa "unha paisaxe interior" e que está chea de intimismo. Chiña emprega para soltar a súa creatividade técnicas tan variadas como o óleo, o acrílico, a acuarela ou a técnica mixta. A mostra pode visitarse no andar -1 do Pazo da Cultura até o 4 de abril, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

Exposición das obras que teñen participado no XII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

XM Eirís

18:00 A sala da baixocuberta do Pazo da Cultura de Carballo (no terceiro andar) acolle até o 11 de abril a exposición dun total de 93 obras das 196 imaxes que se teñen presentado ao XII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que este ano vén de gañar o fotógrafo Marcos Rodríguez coa obra 'Toda unha vida'. Os interesados e interesadas poden visitala en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Buscador:


<< 2010 >>
<< marzo >>
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

© Concello de Carballo, 2009