Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 20 de marzo 2010

Axenda Vive

A exposición 'Incursión ao sutil': até o 4 de abril no andar -1 do Pazo da Cultura

Exposición Chiña

18:00 A artista carballesa María José Costa Valiña, 'Chiña', emprende a a súa primeira exposición, composta por 24 obras, e titulada 'Incursión ao sutil'. Trátase duna escolma que, segundo a propia artista, amosa "unha paisaxe interior" e que está chea de intimismo. Chiña emprega para soltar a súa creatividade técnicas tan variadas como o óleo, o acrílico, a acuarela ou a técnica mixta. A mostra pode visitarse no andar -1 do Pazo da Cultura até o 4 de abril, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

Exposición das obras que teñen participado no XII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

XM Eirís

18:00 A sala da baixocuberta do Pazo da Cultura de Carballo (no terceiro andar) acolle até o 11 de abril a exposición dun total de 93 obras das 196 imaxes que se teñen presentado ao XII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que este ano vén de gañar o fotógrafo Marcos Rodríguez coa obra 'Toda unha vida'. Os interesados e interesadas poden visitala en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

O Auditorio do Pazo da Cultura acolle a representación da obra 'A ruleta rusa', a cargo da Aula Municipal de Teatro

Cartel

21:00 A Aula Municipal de Teatro afeccionado de Carballo actúa por primeira vez diante do público levando ao escenario 'A ruleta rusa'. O texto está baseado en catro pezas breves do autor ruso Anton Chéjov tituladas 'Fin de mes', 'Petición de man', 'O oso' e 'Unha criatura indefensa'. A duración prevista do espectáculo é de 90 minutos e a entrada é de balde. Os interesados e interesadas poden recoller as invitacións nas Oficinas de Cultura en horario de de 11.00 a 14.00 horas, ou ben na Taquilla o mesmo día da función. As citas, o venres 19 e o sábado 20 de marzo a partires das 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura. Para máis información chamar ao 981 704 300, ou premer aquí.

Buscador:


<< 2010 >>
<< marzo >>
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

© Concello de Carballo, 2009