Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 14 de marzo 2010

Axenda Inviste

O aparcamento do San Martiño acolle a II Feira das Oportunidades do Concello de Carballo

Feira das Oportunidades

10:00 O Concello de Carballo e o Centro Comercial Aberto (CCA) da vila organizan por segundo ano consecutivo una Feira das Oportunidades na que participan un total de 30 establecementos do municipio que poñen á venda productos excedentes da temporada. Esta iniciativa é a primeira e máis importante das actividades incluídas no programa do Feirón de Primavera. A Feira situarase a fin de semana do 13 e 14 de marzo nunha carpa de 1.200 metros cadrados situada no aparcamento do San Martiño. O horario de apertura é de 10.00 a 21.00 horas de forma ininterrompida. Par obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

A exposición 'Incursión ao sutil': até o 4 de abril no andar -1 do Pazo da Cultura

Exposición Chiña

18:00 A artista carballesa María José Costa Valiña, 'Chiña', emprende a a súa primeira exposición, composta por 24 obras, e titulada 'Incursión ao sutil'. Trátase duna escolma que, segundo a propia artista, amosa "unha paisaxe interior" e que está chea de intimismo. Chiña emprega para soltar a súa creatividade técnicas tan variadas como o óleo, o acrílico, a acuarela ou a técnica mixta. A mostra pode visitarse no andar -1 do Pazo da Cultura até o 4 de abril, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

O Mago Dani García actúa no ciclo En familia dentro do programa dos Venres Culturais

Dani García

18:00 O Pazo da Cultura acolle o espectáculo 'Da'kara' a cargo do Mago Dani García, que presenta unha proposta chea de misterio, na que os espectadores poderán desfrutar de humor e moita maxia. Esta función comeza ás 18.00 horas e o prezo da entrada é de 2,5 euros, e reducido de 2 euros. A duración prevista do espectáculo é de 70 minutos. A cita está incluída no ciclo En familia, dirixido aos máis cativos e cativas, e enmárcase no programa dos Venres Culturais.

Axenda Vive

Exposición das obras que teñen participado no XII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

XM Eirís

18:00 A sala da baixocuberta do Pazo da Cultura de Carballo (no terceiro andar) acolle até o 11 de abril a exposición dun total de 93 obras das 196 imaxes que se teñen presentado ao XII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que este ano vén de gañar o fotógrafo Marcos Rodríguez coa obra 'Toda unha vida'. Os interesados e interesadas poden visitala en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Buscador:


<< 2010 >>
<< marzo >>
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

© Concello de Carballo, 2009