Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 21 de febreiro 2010

Axenda Inviste

Once locais de hostalería acollen a celebración da I Ruta do Pincho de Inverno

I Ruta do Pincho de Inverno

13:00 O Concello de Carballo, a través da Concellería de Promoción Económica, vén de poñer en marcha a I Ruta do Pincho de INverno, coa colaboración de once establecementos de hostalería da capital municipal. Entre o 30 de xaneiro e o 28 de febreiro, os locais que participen serven unha tapa gratuita e de elaboración propia con cada consumición. Cada establecemento colaborador presentará unha tapa distinta cada día da ruta, que ten lugar as fins de semana no seguinte horario: sábados e domingos de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.00 horas. Para obter máis información sobre a I Ruta do Pincho de Inverno, premer aquí.

Axenda Asociacions

Domingo de Piñata con baile infantil de disfraces da Asociación Cultural Nemeth

17:00 A Asociación Cultural Nemeth organiza un Baile infantil de disfraces para celebrar o Domingo de Piñata. Colabora nesta cita, que ten lugar a partires das 17.00 horas, a Asociación Cultural Alfredo Brañas.

Axenda Vive

A exposición do III Premio de Arte Gráfico Internacional Jesús Núñez: no Pazo da Cultura

Exposición

18:00 A sala do andar -1 do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o 28 de febreiro unha selección de 30 das obras presentadas ao III Premio de Arte Gráfico Internacional Jesús Núñez, organizado pola Deputación da Coruña e que conta coa colaboración da Fundación CIEC (Cento Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos), situada casa natal de Jesús Núñez. A mostra, incluída no programa Venres Culturais 2010, inclúe o primeiro premio e os dous accésits concedidos, que recaeron en tres xilografías. O primeiro, cunha dotación de 6.500 euros, foi a parar a unha madrileña, Eva Satín, con 'Invisible Darkness'; e os dous accésits recaeron en dous autores arxentinos: Alicia Candiani con 'Serie continentes', e Alberto César Lavera con 'Retrospectiva'. A exposición pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

O ciclo 'En familia' ofrece a actuación de Galitoon con 'Rosalía, a pulga que escribía'

Galitoon

18:00 Os Venres Culturais 2010, dentro do ciclo 'En familia' dirixido aos máis cativos e cativas, propoñen a actuación do teatro de monicreques da compañía de Santiago Galitoon, que ofrecen o espectáculo 'Rosalía, a pulga que escribía'. A cita é a partires das 18.00 horas no Pazo da Cultura. O prezo ordinario da entrada é de 2,5 euros, de 2 euros con desconto. Para obter máis información, premer aquí.

Buscador:


<< 2010 >>
<< febreiro >>
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28

© Concello de Carballo, 2009