13:30 A Sala de Xuntas do segundo andar da Casa consistorial acolle a partir das 13.30 horas o sorteo público de prazas para participar nos Campamentos Deportivos da Deputación 2013. Hai presentadas un total de 35 soicitudes para as 16 prazas que oferta o organismo provincial para o Concello de Carballo. Será a Deputación da Coruña quen estableza a adminisión definitiva nas actividades dos Campamentos segundo aos criterios que establece.

17:00 A pintora María Luisa Rojo-Novais Grandío, máis coñecida artisticamente como Novais, expón a súa mostra "Sensacións" no andar -1 do Pazo da Cultura até o 9 de xuño. Son máis de vinte obras que se unen entre o expresionismo e a abstracción con cores intensas e formas características da pintora. Con trazo forte e vibrante e variedade de cores e formas, emerxen as figuras transmitindo constante movemento. A mostra pode visitarse en horario de 17.00 a 20.30 horas. Máis información, premendo aquí.
© Concello de Carballo, 2009