
12:00 O Museo de Bergantiños e Centro de Interpretación Turística da Costa da Morte acolle até o 29 de febreiro de 2012 a exposición "Carballo. 1836-2011". Trátase dunha mostra que presenta unha comparativa dos cambios da paisaxe e da demografía que ten vivido o Concello carballés dende a súa fundación no ano do seu 175 aniversario. Esta exposición inclúe a musealización do reloxo do antigo edificio da casa consistorial, que ao remate do período da exposición pasará a formar parte da oferta permanente do Museo de Bergantiños. Os interesados e interesadas en visitar esta mostra poden achegarse ao Museo de Bergantiños no seu horario habitual: pola mañá, de martes a sábado de 12.00 a 14.00 horas e os domingos de feira de 11.00 a 14.00 horas; pola tarde, de martes a venres de 18.00 a 20.00 horas; os luns o Museo permanece pechado. Máis información, aquí.
18:00 O andar -1 do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o domingo 26 de febreiro unha exposición que recolle unha escolma de 31 das 192 fotografías presentadas á primeira edición do Concurso Fotográfico Comarca Natural de Bergantiños organizado pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños (GDR), unha iniciativa que pretende poñer en valor a riqueza natural e etnográfica da bisbarra. A selección inclúe as nove obras premiadas nas dúas categorías do certame, unha de fotografía paisaxística e outra dedicada ás actividades ou oficios característicos do territorio. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura no horario habitual, de 18.00 a 21.00 horas. Máis información, aquí.
© Concello de Carballo, 2009