10:00 Persoal sanitario do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprázase ata a Praza do Concello de Carballo para realizar unha campaña de doazón. A Unidade Móbil estará estacionada en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas o mércores 1 e o xoves 2 de xuño. O Goberno local anima aos veciños e veciñas a que participen nesta campaña.

18:00 Do 26 de maio ao 9 de xuño permanece aberta ao público no Pazo da Cultura a exposición organizada pola Deputación da Coruña "Innocence" da fotógrafa ferrolana Helena Segura-Torrella Losada. Con esta mostra preténdese dar a coñecer ao gran público a unha das fotógrafas contemporáneas con maior proxección no panorama nacional, pese a súa xuventude. A exposición está composta por 15 fotografías de gran tamaño, imaxes cunha linguaxe moi persoal e creativa, de gran forza onírica. Obras dunha artista que, dende a imaxinación e a fantasía lévanos ao seu propio universo. Os interesados e interesadas poden visitar a mostra no 3º andar do Pazo da Cultura, no horario habitual de 18.00 a 21.00 horas.
© Concello de Carballo, 2009