Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 1 de abril 2010

Axenda Inviste

Festival Panxea: Feira Multicultural no Parque do San Martiño

Panxea

12:00 Unha carpa situada no Parque do San Martiño acolle de 12.00 a 20.00 horas a celebración dunha Feira Multicultural na que participan asociacións de emigrantes, artesanías do mundo, ONGs e distintas entidades sen ánimo de lucro da zona. A cita está incluída no Festival Panxea, que se desenvolve entre o 1 e o 11 de abril. Para máis información sobre o festival, premer aquí.

Axenda Vive

A exposición 'Incursión ao sutil': até o 4 de abril no andar -1 do Pazo da Cultura

Exposición Chiña

18:00 A artista carballesa María José Costa Valiña, 'Chiña', emprende a a súa primeira exposición, composta por 24 obras, e titulada 'Incursión ao sutil'. Trátase duna escolma que, segundo a propia artista, amosa "unha paisaxe interior" e que está chea de intimismo. Chiña emprega para soltar a súa creatividade técnicas tan variadas como o óleo, o acrílico, a acuarela ou a técnica mixta. A mostra pode visitarse no andar -1 do Pazo da Cultura até o 4 de abril, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

Exposición das obras que teñen participado no XII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

XM Eirís

18:00 A sala da baixocuberta do Pazo da Cultura de Carballo (no terceiro andar) acolle até o 11 de abril a exposición dun total de 93 obras das 196 imaxes que se teñen presentado ao XII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que este ano vén de gañar o fotógrafo Marcos Rodríguez coa obra 'Toda unha vida'. Os interesados e interesadas poden visitala en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Inviste

O Festival Panxea inclúe unha chocolatada popular con animación musical no Parque do San Martiño

Panxea

19:00 Unha carpa situada no Parque do San Martiño acolle ás 19.00 horas unha chocolatada popular que contará con chocolate e pan de ovo feito polas panaderías de Carballo. Tamén dende as 19.00 horas haberá animación musical coa actuación dun grupo local, con varios compoñentes de Carballo, denominado Falsa Escuadra. A cita está incluída no Festival Panxea, que se desenvolve entre o 1 e o 11 de abril. Para máis información sobre o festival, premer aquí.

Buscador:


<< 2010 >>
<< abril >>
L M M X V S D
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

© Concello de Carballo, 2009